Vimianzo presenta unha nova proposta gastronómica para primavera


- "Compartimos Primavera. Vimianzo Gastronómico"
Así se chama a nova aposta culinaria do Concello de Vímianzo seguindo a estela do exitoso Outono Gastronómico do ano pasado. I é que dende esta semana e ata o 24 de xullo, 8 restaurantes de Vimianzo ofrecerán uns menús especiais para degustar a primavera. Os bares uníronse e ofertarán cócteles e as panaderías crean tamén unha oferta específica.
Os prezos, coma sempre, un luxo. Só 20 euros por persoa, para "redescubrir a riqueza e os aromas da cociña local".
Os Restaurantes asociados son a Casa Paco, Casa Sabina, O Cabral, Edreira, O Castrillo, O Retiro de Barboles, Vázquez e Pastoriza. Pero ademais, haberá combinados especiais no Celme, en A Rúa, no Hilton, no Mehari, no Agocho, no Quilmes, no Regueiro e na Casa Landeira. E tamén participan as panaderías Sampedro e PanIgnacio e o Hotel Rústico Anatur.

Novas relacionadas
- Preto de 400 menús se degustaron na xornada Vimianzo gastronómico durante o mes de novembro.
- Un Clube de Cata de Viños na Costa da Morte.
- O iogurín do Coral gaña o Concurso de Tapa Muxía.
- O porco celta e a centola de Lira estiveron na Feira Algusto de Bilbao.
Fonte
- Concello de Vimianzo.