Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vimianzo presenta unha nova proposta gastronómica para primavera

Vimianzo presenta unha nova proposta gastronómica para primavera
  • "Compartimos Primavera. Vimianzo Gastronómico"

Así se chama a nova aposta culinaria do Concello de Vímianzo seguindo a estela do exitoso Outono Gastronómico do ano pasado. I é que dende esta semana e ata o 24 de xullo, 8 restaurantes de Vimianzo ofrecerán uns menús especiais para degustar a primavera. Os bares uníronse e ofertarán cócteles e as panaderías crean tamén unha oferta específica.

Os prezos, coma sempre, un luxo. Só 20 euros por persoa, para "redescubrir a riqueza e os aromas da cociña local".

Os Restaurantes asociados son a Casa Paco, Casa Sabina, O Cabral, Edreira, O Castrillo, O Retiro de Barboles, Vázquez e Pastoriza. Pero ademais, haberá combinados especiais no Celme, en A Rúa, no Hilton, no Mehari, no Agocho, no Quilmes, no Regueiro e na Casa Landeira. E tamén participan as panaderías Sampedro e PanIgnacio e o Hotel Rústico Anatur.

Privamera gastronomica de Vimianzo

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios