Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Vimianzo promove a observación astronómica coa actividade “Un paseo polas estrelas”

VIMIANZO_Cartel de 'Un paseo polas estrelas'
Vimianzo promove a observación astronómica coa actividade “Un paseo polas estrelas”

 O Concello de Vimianzo, enmarcado como un destino Starlight, organiza “Un paseo polas estrelas”, unha iniciativa integrada por dúas actividades de observación astronómica que se desenvolverán nos meses de agosto e setembro.

A primeira delas terá lugar o sábado 18 de agosto no lugar do alto de San Bartolo, na parroquia de Salto, mentres que a segunda saída será o 16 de setembro no encoro da fervenza, en Orbellido. Os monitores destas serán Begoña Brao e Antón Pazos, e o horario de ambas será a partir das 23:00 horas.

Haberá un total de 50 prazas, polo que as persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente.

Comentarios