mércores. 07.01.2026
El tiempo

Vimianzo recibiu ás Súas Maxestades no gran iglú da praza do Concello

Cabalgata Vimianzo 2026. 1jpg
A recepción no gran Iglú da praza do Concello
Vimianzo recibiu ás Súas Maxestades no gran iglú da praza do Concello

Vimianzo viviu este luns 5 de xaneiro unha das xornadas máis máxicas do ano coa visita dos Reis Magos. As Súas Maxestades fixeron un percorrido por todas as parroquias de Vimianzo para concluír no gran iglú da praza do Concello, onde tivo lugar a recepción real.

Os máis pequenos e pequenas tiveron a oportunidade de compartir un anaco cos Monarcas e trasladarlles as súas últimas peticións antes da súa visita oficial esta noite.

Complétase un longuísimo programa que fixo de Vimianzo o epicentro do Nadal costeiro.

Cabalgata Vimianzo 2026 3

Cabalgata Vimianzo 2026 2

Comentarios