Vimianzo recupera a súa historia nun cómic
08:09 19/06/18
Ruben Rial e Manuel Antelo presentando o comic da historia de Vimianzo
Recuperar a historia municipal e achegarlla á mocidade. Doble obxectivo co que nace o cómic “Unha historia de Vimianzo”, presentado onte polo alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo e o ilustrador Rubén Rial.
Unha historia na que teñen presenza as 14 parroquias do Concello seguindo a liña do tempo. O cómic era unha vella teima do alcalde, pensando en crear libro ameno e que con pouco texto contase a historia do municipio. Así, coa axuda de libros de Leonaro González Pérez (sobre a Fagía de Carnés), de Lema Suárez, Mouzo Castiñeira e Chema Rei (sobre a Terra de Soneira, sobre o Castelo e as feiras), e de Rosa Rodríguez Porto e Rocío Sánchez Ameijeiras (sobre escultura románica), Rubén Rial foi construíndo unha historia sinxela, con moita imaxe e pouco texto, fácil de ler e comprender. Rubén, un debuxante moi perfeccionista, fixo un gran traballo documental para a ilustración, e contou coa colaboración de Manuel Rial, o Técnico Municipal de Patrimonio, para establecer o guión.
Xa podedes recoller un exemplar na Casa do Concello na Concellería de Cultura.