Vimianzo segue, co escultor Suso Fuentes, poñendo en valor aos artistas locais
Fantástica é a proposta do Concello de Vimianzo de facer da sala de exposicións da Cas da Cultura un espazo de posta en valor dos artistas locais. Unha sala que precisamente leva o nome dun deles, Sala de Exposicións Antón Mouzo, e pola que xa pasaron as obras do propio Mouzo, así como de Xurxo Martiño ou Antonio Nodar.
Un programa que ademais contempla a invitación ás escolas do Concello, para que os pequenos coñezan de primeira man toda a arte que fai dende a comarca de Soneira.
O seguinte artista invitado é o escultor Suso Fuentes Canosa, que inaugurará a súa exposición "Pedras" o vindeiro sábado 26 de xaneiro ás 20:00h.
A partir de aí estará aberta de luns a venres de 8:30h a 20:00h e os sábados de 9:30h a 13:30h.
Un escultor que vén de realizar a estatua na honra de Carmen Neira Marcos en Castromil. Aquí o vemos de feito, o día da inauguración da estatua:
Novas relacionadas
- Unha mestra para todos lembrada en Castromil.
- Viki Rivadulla na Sala do Perello: Dos retratos de Antonio Nodar aos autorretratos dos nosos gobernantes.
- De London a Vimianzo co auto-retrato de Antonio Nodar.
- Xurxo Martiño demostra o potencial artístico vimiancés na casa.
- As escolas de Vimianzo comezan o seu programa cultural con Antón Mouzo.