Venres. 15.11.2019
El tiempo

Vimianzo segue contando co apoio de CaixaBank para crear emprego a persoas con discapacidade

Monica Rodriguez Ordoñez , Alcaldesa de Vimianzo e Angel Buño Garcia, Director de CaixaBank en Vimianzo.
Monica Rodriguez Ordoñez , Alcaldesa de Vimianzo e Angel Buño Garcia, Director de CaixaBank en Vimianzo.
Vimianzo segue contando co apoio de CaixaBank para crear emprego a persoas con discapacidade

Caixabank, a través da Obra Social “la Caixa” colaborará un ano máis co Concello de Vimianzo en proxectos sociais. Achegará 6.000 euros que o concello vai empregar en accións encamiñadas á promoción económica e á creación de emprego de persoas con dificultades de inserción no rural. 

Son actividades de asesoramento, formación e dinamización, enfocadas ao desenvolvemento persoal e a reflexionar sobre como aproveitar a nosa contorna, en especial o patrimonio cultural, para crear unha actividade económica ou atopar un emprego.

En total, nos útimos cinco anos, CaixaBank concedeu 25.500 euros de axuda ao Concello para levar a cabo iniciativas sociais.

Comentarios