Vimianzo súmase á campaña #Ningúnniñosinbigote
08:10 11/05/16
A casa da Cultura vimiancesa é un dos puntos de recollida de cartóns de leite
Vimianzo súmase á campaña #Ningúnniñosinbigote promovida pola Obra Social La Caixa e pola Federación Española de Bancos de Alimentos centrada en recoller leite en favor das familias en risco de exclusión. A casa da Cultura de Vimianzo é un dos puntos de recollida de cartóns de leite que se enviarán ao banco de alimentos.
Tamén é posible colaborar con esta campaña a través de microdonativos nos caixeiros automáticos e canles electrónicas de La Caixa.
Éste é o segundo que a entidade bancaria pon en marcha esta iniciativa de ámbito nacional. O ano pasado os bancos de alimentos distribuiron 24 millóns de litros de leite. O nome da campaña, "Ningún niño sin bigote", recorda a mancha branca que deixa o leite sobre o labio superior. O reto deste ano é recoller dous millóns de litros de leite - o dobre do que se recolliu na campaña do ano pasado - para suplir as necesidades alimentarias das case 1,7 millóns de persoas que acoden ás organizacións benéficas na procura de axuda.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/obrasociallacaixa/videos/1585149825132360/" width="500" height="400" onlyvideo="1"]
Novas relacionadas
- Os vimianceses achegan máis de 3200 quilos de axuda aos refuxiados Sirios
- A Costa da Morte envía tres toneladas de mercadoría para os campos de refuxiados
- Os Deportes de Contacto de Cee e o CEIP de Corcubión únense por unha recollida solidaria para cos refuxiados de Lesbos
- Os escolares costeiros si se volcan cos Refuxiados.
- Mazaricos e Lires inician unha campaña de recollida de material para os campos de refuxiados.
- Corcubión amosou a súa respulsa á deportación masiva de refuxiados.
- Cando o fútbol se volca ca solidariedade.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Vimianzo