Luns. 30.11.2020
El tiempo

Vimianzo únese á humanización dos murais

Novo mural en Vimianzo de Cestola na Cachola
Novo mural en Vimianzo de Cestola na Cachola
Vimianzo únese á humanización dos murais

Carballo, Baio… e agora Vimianzo. A Costa da Morte vaise decatando do potencial que ten o muralismo para darlle vida ás nosas vilas. O Concello de Vimianzo vén de promover a creación dun graffiti, no marco deste singular Asalto ao Castelo.

Foi Miguel Peralta, de Cestola na Cachola, o que elaborou un mural con motivo desta festividade no centro do municipio. Unha gran irmandiña será a protagonista desta peza, na que o Castelo será o elemento vehicular da mesma.

"É un verdadeiro orgullo para min, poder elaborar unha obra deste calado por todo o que supón: a localización é inmellorable e o seu significado é elevadísimo para todo Vimianzo. Agardo que guste a idea, á que adiquei sobre dez horas diarias agás os días de inclemencias meteorolóxicas, e que estrearemos este sábado’, valorou.

Miguel Peralta de Cesta na Cachola pintando Vimianzo

Mural Arde Soneira en Vimianzo

comentarios