domingo. 01.06.2025
El tiempo

Vimianzo volve ser o epicentro do Desenvolvemento Local

Vimianzo volve ser o epicentro do Desenvolvemento Local
dl-labs-de-desenvolvemento-rural-en-vimianzo

A Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local (Afiprodel-Galicia) volve demostrar o seu potencial a nivel autonómico, cunhas importantes xornadas Desenvolvemento Local, que chegan ademais ás parroquias. Estas LABS serán os días 16 e 17 de decembro, e se desenvonverán no centro social de Señoráns na parroquia de Salto (Vimianzo), contando coa cofinanciación da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello vimiancés.

Estes LABS son un espazo profesional participativo de capital humano, social e intelectual para abordar os desafíos do desenvolvemento local ao través da rede de técnicos, aproveitando as sinerxías con outros axentes do territorio galego.

Inscrición

A asistencia é gratuíta previa inscrición na web informativa das xornadas www.afiprodel.org/labs.

Programa

O programa destas xornadas inclué o venres 16 dende as 18:30horas a inauguración do local social de Afiprodel a cargo do alcalde de Vimianzo Manuel Antelo Pazos onde estarán os paneis da exposición A Forza do Local que Afiprodel que recorreu durante o ano 2016 máis de 23 concellos e entidades galegas. Presentarase os resultados desta andadura e a experiencia e boa práctica en Poio, concello de Pontevedra que tamén ten un panel na exposición. O concelleiro de Promoción Económica deste concello explicará a súa experiencia neste proxecto de Afiprodel. O sábado 17 de decembro, este será o programa: 9:30 Recepción de participantes 10:00 Presentación de DL LABS Mª Dolores Pena Pena. Presidenta de Afiprodel Representante de Deputación 10:30 Presentación dos Comités e Comisións de Traballo da Rede de Técnicos Coordinador: Ignacio Fernández. Directivo Afiprodel Covadonga Toca Carús. Secretaria Xeral de Emprego Xosé Castro. Coordinador da Rede de Técnicos. Xunta de Galicia 11:00 LAB Funcións e competencias do persoal técnico de desenvolvemento local Moderadora: Isabel Agra. Tesoreira de Afiprodel Diagnóstico da situación: Mª José Suarez. Socia de Afiprodel Brainstormig on line: J.Ramón Esperante. Directivo Afiprodel Roldas de intervencións do público Conclusións 11:45 Pausa café 12:15 LAB Itinerarios formativos para profesionais de desenvolvemento local Moderador: Toño Piñeiro Sineiro. Socio de Afiprodel Diagnóstico: Sofía Agrafojo. Vicesecretaria Afiprodel Dinámica de traballo en grupo Rolda de intervencións do público Conclusións: 13:00 Mesa redonda sobre as sinerxías da Rede de AEDL Coordinadora: Pilar Lage. Socia Afiprodel Relatores: Xosé Requeira. Deputado de Turismo. Deputación da Coruña Guillermo Viñas. Xerente de Igape Nova Guillermo González. Xerente GALP Costa da Morte José Gabín. Presidente da Federación de empresarios da Costa da Morte (FECOM) Rolda de intervencións do público 14:00 Conclusións e clausura María Dolores Pena Pena. Presidenta de Afiprodel Representante Deputación da Coruña 14:30 Networking nos Batans de Mosquetíns de Vimianzo  

Fonte

  • Afiprofel.

Comentarios