Vimianzo volverá acoller a Xuntanza de todas as palilleiras do país

08:38 03/11/11

A Asociación de Palilleiras “As Nemanquiñas” de Vimianzo organiza a V Xuntanza de Palilleiras en Vimianzo o sábado día 5 de Novembro de 2011. O obxectivo da xuntanza é unir os intereses de todas as palilleiras coa finalidade de promover a súa artesanía: o encaixe.
Nesta xuntanza ó mesmo tempo que se exhiben os traballos tamén intercambiarán experiencias e ideas entre as /os participantes.
Chegarán a capital soneirá palilleiras de todo o país: de Lousame, Viveiro, Foz, Cervo, Ferrol, Ames, Pontevedra, Vigo, Lugo, Camariñas, Muxía, Coruña, Padrón, Burela, Marín, Noia, Sada... e como non de Vimianzo.
Máis información e inscrición
As persoas interesadas poderán inscribirse nos seguintes teléfonos:
- 981 716 312 (Lourdes-Presidenta)
Novas relacionadas
- Xuntanza 2008: Vimianzo xuntou a case todas as palilleiras do estado.
- Motra do Encaixe 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- 10 artesáns da Costa da Morte manteñen vivo o Castelo de Vimianzo.
- Fisterra faise a man.
- Inditex quere incluir o encaixe nas súas prendas de alta gama.
- Escoitando ás palilleiras e o liño .
- Relatos da Costa, Un século máxico: Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
Fonte
- Nota de prensa de asociación palilleiras as Nemanquiñas de Vimianzo.