Venres. 26.04.2024
El tiempo

Fisterra faise a man

Fisterra faise a man
Da tradición artesá das xentes de Fisterra e da Costa da Morte non cabe dúbida. E para continuar demostrándoo, esta Semana Santa terán lugar as 1ª Xornadas de Artesáns no Cabo do Mundo. Que mellor marco que o Faro de Fisterra, o que acollle do 21 ao 25 de abril esta xuntanza de artesáns, que quere servir máis de mostra do traballo dos mestres que de punto de venta, que para iso xa están as conchas do todo a cen. Como nos conta Sole Méndez, a redeira polifacética extremeña afincada en Fisterra dende os tempos do chapapote, "Feito a man pretende acercar o traballo das/dos artesás do mundo empezando na fin da terrra,  sempre a pé de rúa. Feito a man pretende ensinar a manter un uso da potencialidade da maxia que flue das mans dos poboadores do planeta e unha sostenibilidade ca economía actual". I é que esta mostra nace da inquedanza dun feixe de artesáns. Unha xente preocupada polo futúro da súa profesión, pouco recoñecida  socialmente,  que pretende mostrar o ritmo de traballo, tempo, ideas e posibilidades que conflúen na creación dunha peza artesá tanto antiga coma moderna. Iso si, a proposta cultural nace apartada de todo tinte político. Tampouco falamos dunha mostra calquera. "Feito a man fuxe, se cadra, das feiras e mercados que levan anos desvirtuando, sen querer, unha profesión fraguada polas/os nosas/os antepasadas/os, e non pretende utilizar as súas mans para potenciar o uso do diñeiro nunha sociedade de "usar e tirar" senon do ensino dunha imaxinación feita realidade; e da necesidade dunha recuperación das profesións máis antigas do mundo"...

Horarios e participantes

Así, as demostracións en vivo serán unha constante ao longo da ponte. Sendo o horario de traballo será de 12:00h a 20:00h. " participarán entre otr@s:
  • SOLE MÉNDEZ (Extremadura-Fisterra): polifacética artesá sacará a rede para tecer o noso futuro.
  • LUISIÑO (Narón): o mestre tecelán autodidacta e máxico no seu traballo.
  • LAURA de "Taller Arroás" (Cee) unha maga das agullas, moradora do Faro dende fai algúns anos e traballadora do coiro e as cunchas.
  • MONCHO IBAÑEZ (Alicante): móstranos o seu empeño en seguir co rumbo axeitado.
  • DAGGO ART (Madrid-Fisterra) un home que define a sua pintura pouco convencional coma  "Pintura Anartista".
  • CRISTINNE (Alemaña-Fisterra) amósanos o que sinte cando recolle un trozo do camiño e invítanos a levalo para casa.
  • PALILLEIRAS  DE MORAIME (Muxía) unha tradición milenaria que vai cos tempos e non esqueceremos nunca.
  • LYDIA (Fisterra): invitanos a sentir coma recupera unha técnica que xa se utilizaba nos grabados do século XVI.
Ademais, contarán co traballo das/dos artesás/áns que non poderan acompañarnos ou pasarán un anaquiño con nos... é que colaboran nesta iniciativa:
  • LOLITIÑA (Fisterra): fainos unha demostración de que a artesanía reinventase día a día e ten resultados máxicos. Que llo digan aos presajeiros do Entroido...
  • PILAR SILVA (Compostel): muller divertida que achega o fin da terra o mellor do seu traballo coma orfebre de materiais novos coma o fimo.
  • MARA REY BENLLOCH (Muxía): traerá imaxinación en forma de comic e algunha sorpresa.
  • A MOURA (Fisterra): colorido e formas nos tocados máis divertidos.
  • MARTA XOUBANOVA (Corcubión): alegría e frescura nun tempo de reutilización.
  • D. GIOVANNI (Alemaña-Fisterra): recunchos con cunchas do camiño da vida.
  • ORLANDO MOURE (Fisterra): polifacético home con máns incansables que pon un PÉ no fin do mundo e aljunhas maquetas e prototipos.

Presentación

Hoxe o mércores 20 a partir das 18:00h terá lugar unha presentación sinxela con obradoiro no local da Asociación Crus de Baixar (ACM) sito no antigo "Comic".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios