Xoves. 28.10.2021
El tiempo

O xalleiro Juan José López Muñoz será o novo presidente da Cámara Mineira

Juan Jose Lopez Munoz de CAVISA presidente da Camara Mineira
Juan Jose López Muñoz será a partir do luns presidente da Camara Mineira
O xalleiro Juan José López Muñoz será o novo presidente da Cámara Mineira

Falabamos longo e tendido con el hai uns meses e hoxe xa é presidente da Camara Oficial Mineira de Galicia. Realmente, hoxe aínda o é en funcións, pois o vindeiro luns será ratificado na asemblea.

Falamos de Juan José López Muñoz. O xalleiro, director de xeral Caolíns de Vimianzo, CAVISA, substitúe ao carballés Juan Lista, que deixa a presidencia ao vender os seus activos mineiros, tras levar apenas 6 meses ca nova directiva.

Son moitas as ideas que leva na cabeza Muñoz, e moitos os proxectos arredor da Costa da Morte.

“O sector mineiro ten que recuperar a posición central da axenda económica. Somos o soporte de moitas industrias, o que se traduce en postos de emprego, cadea de valor e desenvolvemento no rural”, explica o novo presidente da COMG, que afronta un período de importantes retos para o sector.

Entre as accións máis relevantes da entidade a curto prazo atópase a proposta de dixitalización dos Plans anuais de Labores, da documentación de xestión necesaria, dos expedientes de dereitos mineiros, así como colaborar coa Xunta de Galicia na convocatoria de novos concursos mineiros; accións todas elas ampliamente demandadas polo sector. “Outro aspecto importante é solicitar reunirnos coa Fegamp e coas Deputacións para revisar e impulsar proxectos paralizados ou en trámite nos Concellos: ampliacións de instalacións, novos proxectos, incluso proxectos de restauración… Ver de canta inversión estamos a falar e de cantos novos postos de traballo suporían se se activasen”, comenta Juan José López.

Novas relacionadas

comentarios