Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xurxo Martiño expón na Sala de Exposicións Antón Mouzo de Vimianzo

Xurxo Martiño expón na Sala de Exposicións Antón Mouzo de Vimianzo

O concello de Vimianzo inaugura o vindeiro sábado, día 21 de xaneiro, unha nova exposición de pintura na Sala de Exposición Antón Mouzo da Casa da Cultura. Esta Sala, que foi inaugurada o pasado 9 de setembro cunha exposición de pintura do pintor que lle dá nome, pretende ser un escaparate dos artistas locais.

Nesta ocasión será Xurxo Martiño, nacido en Caxadas, na parroquia de Cambeda, o pintor que amose a súa arte aos veciños e veciñas de Vimianzo e a todas aquelas persoas que queiran achegarse á Casa da Cultura de Vimianzo. A exposición permanecerá aberta ata o día 31 de marzo no horario de apertura habitual da Casa da Cultura (de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas; os sábados de 10 a 13 horas). A inauguración desta exposición será o vindeiro sábado día 21 de xaneiro ás 20 horas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

Comentarios