#25N: A loita contra a violencia de xénero dende os escaparates
07:12 18/11/16
A cor negra será a protagonista dende este venres ata o vindeiro día 28 de novembro de case 200 escaparates, estanterías e manequís dos establecementos comercias dos municipio de Carballo e de Zas. O seu obxectivo é sensibilizar á poboación sobre a lacra da violencia de xénero a través dunha campaña artellada polo concello de Santiago de Compostela á que se uniron 16 municipios galegos e que leva por título "En Negro Contra a Violencia". Nesta iniciativa, na que participan case 2000 establecementos de toda a cominidade galega, enmárcase dentros do día internacional contra as Violencias Machistas que terá lugar o vindeiro 25 de novembro.
Presentación da campaña Espazo libre de violencia machista en Zas
"Pareceunos unha iniciativa moi importante, algo diferente que visibiliza unha problemática tan transcendental e o fai durante un tempo para que a xente sexa consciente" di Manuel Muíño, alcalde de Zas. Dende o goberno municipal mostran tamén a súa satifacción pola boa acollida da campaña por parte do sector comercial, xa que son máis de cen establemecementos do municipio os que participan na campaña de sensibilización que foi posible grazas ao apoio de entidades como a asociación de empresarios Comarca de Soneira.
Así, os diferentes establecementos comercias ubicados nos núcleos de Carballo, Bertoa, Zas e Baio, principalmente, terán durante os vindeiros días un distintivo nas súas fachadas e nos seus escaparates haberá carteis con diferentes lemas do tipo "Sempre viva e libre", "Si é si e non é non", "Respeto",... que lle facilitan dende o concello.
No caso de Carballo serán máis de 65 os establecementos, tanto do comercio como da hostelería, os que se sumen a esta campaña tinguindo de negro os seus escaparates e estanterías durante máis dunha semana. Maica Ures, concelleira de Igualdade e Benestar, destaca que ésta é unha campaña cun forte "impacto visual" co que se pretende chamar a atención da cidadanía. Así mesmo, recordou que todos aqueles establecementos que queiran sumarse á campaña ainda están a tempo de facelo poñéndose en contacto co departamento de Servizos Sociais ou no CIM - Centro de Información á Muller - de Carballo.
Outros axentes sociais
Para a posta en marcha desta campaña en calquera dos mucipios participantes, foi necesaria a implicación de distintos axentes sociais como as asociacións de empresarios, entidades culturais ou centros educativos.
Así, no caso de Zas son tres os ccolexios que participen na iniciativa. "Ao longo de todo o ano temos diversos programas de sensibilización nos colexios, pero nesta ocasión e grazas á colaboración das ANPAS, os estudantes súmanse á iniciativa realizando distintos actos", di o rexedor de Zas.
O equipo de baloncesto senior feminino de Carballo tamén é outro axente que se suma a esta campaña que loita contra a violencia machista.
Compostela en Negro 2015
Esta campaña púxose en marcha por primeira vez o ano pasado no concello de Santiago de Compostela. Despois do éxito da inciativa, este ano o goberno municipal decidiu extendela ao resto da comunidade.
Novas relacionadas
- Máis de cen establecementos de Zas tinguiranse de negro para loitar contra a violencia machista
- Carballo e Zas súmanse á campaña “En negro contra a violencia”
- Redacción QPC ([email protected])