Venres. 29.03.2024
El tiempo

400 persoas disfrutaron das visitas teatralizadas das Torres do Allo

400 persoas disfrutaron das visitas teatralizadas das Torres do Allo
Visita teatralizada as Torres do Allo Zas Visita teatralizada as Torres do Allo Zas

Un gran exemplo de recuperación e posta en valor patrimonial, o programa de visitas teatralizadas das Torres do Allo. “Pazos da Terra” foi o nome deste programa de divulgación das Torres do Allo, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Zas, coa colaboración da Deputación da Coruña, que ten permitido que case 400 persoas disfrutasen das visitas guiadas teatralizadas que tiveron lugar durante os domingos de xullo e agost.

Os participantes chegaron dende diversos puntos tanto da Costa da Morte (Zas, Vimianzo, Cabana de Bergantiños, Laxe,…) como do resto do estado. Entre os participantes nacionais, Madrid e Barcelona foron os principiais lugares de orixe. A maior parte dos asistentes ás visitas guiadas teatralizadas tiñan entre 30 e 50 anos seguidos dos maiores de 50 anos.

Os actores da compañía de teatro Os Quinquilláns encargaronse de darlle vida a Francisca Rioboo e a Víctor López Seoane nun espectáculo gratuito no que os visitantes percorreron as estancias interiores e exteriores do pazo coñecendo o seu pasado dun xeito divertido.

Horario

Por outra parte, ata o vindeiro 15 de setembro, as Torres do Allo continúan abertas todos os días en horario de 11 a 20 horas.

Novas relacionadas Fonte

Comentarios