Sábado. 20.04.2024
El tiempo

900 participantes para o Trail da Filloa de Zas

presentacion-trail-filloa-zas1
900 participantes para o Trail da Filloa de Zas

A 6ª edición (arrincaba en 2016 do Trail da Filloa de Zas xa está aquí. E como as filloas á pedra, un trail coma este é “un artigo de luxo”. Máis de 900 persoas así o entenden e xa están preparando a cita deste 26 de febreiro.

“Un ano máis Zas volverá a ser este domingo un referente neste tipo de eventos deportivos”, sinalou Manuel Muíño, Alcalde de Zas, durante a presentación xunto a David Fernández, da organizadora Asociación Deportiva Monte Brondo.
Se a saída será na Praza do Concello, o punto de chegada será o pavillón de Zas onde se servirán as típicas filloas á pedra de Zas acompañadas de caldo e chourizos.

O percorrido das diferentes probas discorren polos montes do municipio atravesando ribeiras, zonas de lama e subindo ata os puntos máis altos: Pico de Meda, Monte Brondo e O Pedrido (en Roma). En total son uns 75 quilómetros de percorrido que se limpiaron e, nalgúns casos abriron camiños, grazas á rede de colaboradores da Asociación.

Das cinco probas agotáronse as prazas para o Trail Curto de 17 Km e para as Andainas de 12 e 25 km, mentres que quedaron ao fío as probas do Trail Longo, de 27 quilómetros, e o Gran Trail, de 45 quilómetros.

Coma sempre haberá zonas distintas zonas de avituallamento ao longo dos diferentes percorridos e tamén aparcamentos e gardarroupas gratuítos. E ao igual que os últimos dous anos, creará a “Beca para estudios” cos gastos que se destinaban a agasallos para os participantes.

Novas relacionadas

Comentarios