Luns. 07.10.2024
El tiempo

Foucellas, un trail con moita historia

Un dos podios do Trail dos Foucellas
Un dos podios do Trail Foucellas
Foucellas, un trail con moita historia

Domingo. 10:00h da mañá. Máis de 200 atletas están preparados, cos seus dorsais e o seu frío, na fermosa carballeira de Baio para arrincar o IV Trail dos Foucellas. É o momento da representación daquela noite de 1945, cando aqueles fuxidos baixaban á vila do Monte Castelo e foron sorprendidos por unha ducia de militares. A rapazada da A.C. Tabeirón Deportivo de Baio, disfrazada da metade do século pasado, comeza a facer unha persecución polo medio dos deportistas. “Viva a República” berran os foucellas escapando da Garda Civil, soan tiros, bombas, e mesmo un Garda Civil aparece dacabalo que corre tras eles ao tempo que o speaker Josiño Mira daba o pistoletazo de saída da carreira.

A carreira transcorreu sen incidencias, cun tempo frío pero soleado. Durante os avituallamentos, os ataviados membros de Tabeirón tamén amenizaban a espera coas súas risas e a música que facía o túnel da autopista case que un urbanclub. Desta volta, Garda Civil e fuxidos ficaban unidos polos callos.

Finalmente na clasificación do trail longo de 27 km gañou o fisterrán Rubén Insua, por diante de Nava González Airas e Rubén Gómez Lamas. Aila Fernández foi a campiona feminina por diante da herculina Mayte Vázquez.
No Trail curto (14Km a gañadora foi Mencía Reborido, por diante da corcubionesa Raquel Ramos.
A pontecesá Olga Pose Chouciño e o baiés Victor Lema Nanton, foron os vencedores do mini IV Trail de 7km.

Todo polo deporte, e de paso, para lembrar aqueles tempos, e facer así que non volvan.

Comentarios