sábado. 03.05.2025
El tiempo

A coral Xan Mella prepara a súa próxima actuación en Cacabelos e o Memorial Pepe Valiña

A coral Xan Mella prepara a súa próxima actuación en Cacabelos e o Memorial Pepe Valiña
coral-xan-mella-baio No pasado mes de outubro, a coral Xan Mella de Baio actuou en varios puntos da comunidade e tamén en Asturias Ainda coa resaca dun activo mes de outubro, a familia da coral Xan Mella de Baio xa ten a cabeza posta nas súas próximas actividades. A primeira delas será o 25 de novembro, día no que se desprazarán a Cacabelos, en León. E xa o 16 de decembro, celebrarán - como vén sendo de costume - o memorial Pepe Valiña na igrexa nova de Baio coa participación do coro xoven da ESMU Pepe Valiña, a coral de Luou e a coral polifónica de Ferrol. Estes meses son especialmente movidos dentro da coral Xan Mella, en parte, pola celebración do seu 15º aniversario. Comezaron o mes de outubro cunha actuación en Luou, en Teo, nun intercambio pola Rede cultural da Deputación de a Coruña nun festival no que ademais dos anfitrións compartiron escenario co orfeao de Loureiro de Oliveira de Azemeis, de Portugal. O 12 de outubro, con motivo do XIII aniversario do pasamento do presidente fundador da coral - Pepe Valiña -, cantaron na misa oficiada na igrexa nova de Baio. Xa o domingo 20 de outubro coralistas, familiares e amigos celebraron a tradicional comida do Coralista nunha finca situada no Allo, en Zas. O último fin de semana de outubro viaxaron a terras asturianas. Cantaron a misa na Basílica de San Juán el Real onde foron felicitados por cantar unha eucaristía en latín con temas de Mozart e Haendel acompañada ao órgano polas xóvenes pianistas (alumnas da ESMU Pepe Valiña) Alba Blanco e Nuria Vilariño. Ao remate da misa a Coral, sempre dirixida por Tatiana Pankrátova, participou nun concerto no mesmo templo xunto aos anfitrións da coral do Centro Asturiano de Oviedo no que se escoitaron cantigas galegas, polifonía litúrxica, canción asturiana, zarzuela e habaneras. Novas relacionadas Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Coral Xan Mella

Comentarios