A Cova da Terra achega a Zas un obradoiro de emprendemento no rural


A Cova da Terra é unha das entidades comprometidas co desenvolvemento sostible do rural que máis opera no país. E vai achegarse pola Costa, concretamente por Baio, os vindeiros días 2 e 3 de outubro, para organizar un un Obradoiro de Emprendemento Rural Sustenable.
A entidade lucense xunto coas ONGD’s Panxea, Sodepaz e Taller de Solidariedade, prantexan este obradoiro dentro do programa "De aquí, xusto e ecolóxico. O rural como motor de cambio" co obxectivo de achegar á mocidade as diferentes oportunidades laborais que ofrece o noso rural, a partir de conceptos clave como agroecoloxía, sustentabilidade económica, social e medioambiental, cooperación e soberanía alimentaria.
Este obradoiro é un dos nove que se están a celebrar por todo o país durante os meses de xullo setembro e outubro. O proxecto pasou xa por lugares como Vilalba, Chantada, A Estrada, O Barco de Valdeorras, Ribadeo, Verín ou Redondela, onde a mocidade puido descubrir as oportunidades de emprendemento económico, éticas e socialmente responsables, que ofrece o noso rural.
O Curso
Trátase dun obradoiro formativo de 10 h de duración, para un máximo de 25 persoas menores de 40 anos, e que contará coa seguinte estrutura:
- Contido teórico:
- A soberanía alimentar como alternativa;
- A agroecoloxía e a producción ecolóxica;
- Os recursos endóxenos como fonte de autoemprego. - Contido práctico:
- Experiencias agroecolóxicas reais;
- Dinámicas de xeración de ideas de autoemprego;
- Dinámicas de cooperación.
Máis información e inscrición
O obradoiro celebrarase no Centro Sociocultural de Baio (R/ Polideportivo s/n) con horario de 16:00 a 21:00. É unha actividade de balde, grazas á colaboración da Dirección Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia. As prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa.
Poden encontrarse más detalles sobre o calendario de obradoiros e a forma de inscrición na dirección web deaquixustoeecoloxico.blogspot.com.es.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).