![zas-deputacion-convenio-forestal]()
Xosé Regueira e Manuel Muíño asinaron onte o concenio de colaboración para a obra de mellora e apertura das pistas forestais de Zas
O deputado da área de Cooperación cos Concellos - Xosé Regueira - e o alcalde de Zas - Manuel Muiño - asinaron onte o convenio de colaboración polo que
a Deputación da Coruña achega 99.903,35 € para o financiamento da obra de mellora e apertura das pistas forestais do municipio zaense. Esta achega supón o 80 % do orzamento total da obra que ascende a 124.879,19 €.
A achega da Deputación da Coruña permitirá a mellora de infraestruturas de especial relevancia para o desenvolvemento do sector primario do concello. “Son infraestruturas que sofren deterioro por distintas circunstancias e son moi importantes para, entre outras cousas, a propia rendibilidade das explotacións agropecuarias do concellos”, apunta o alcalde Manuel Muíño.
O concello de Zas conta cuns
500 quilómetros de pistas forestais e agropecuarias que dan servizo á actividade económica con máis presenza no municipio. “Sen a colaboración da Deputación da Coruña sería moi difícil financiar o mantemento dunha rede de pistas que é vital para o tecido económico do concello”, engade o alcalde de Zas.
Precisamente esta semana, o concello de Zas e o ente provincial asinaron o c
onvenio polo que a entidade municipal asume a xestión de visitas e difusión das Torres do Allo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Deputación da Coruña