Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Deputación renovará o museo das Torres do Allo

A Deputación renovará o museo das Torres do Allo

A verdade é que xa facía falta unha nova musealización ás Torres do Allo. Pois os departamentos de Arquitectura e Patrimonio da Deputación Provincial da Coruña empezarán en breve a traballar na redacción e posta en marcha dun novo proceso de musealización para as Torres do Allo, un dos pazos máis antigos de Galicia.

O proxecto, segundo informou a vicepresidenta María Dores Faraldo, responsable da área de Cultura da Deputación, estará encamiñado á mellora das instalacións para dar un maior servizo ao visitante.

O edificio de Torres de Allo, de estilo renacentista, conta con dúas torres e un longo corpo central que as une. Os motivos de maior interese arquitectónico sitúanse na parte alta das Torres, ao redor das súas fiestras, que se adornan con elementos do gótico final. Nos escudos que posúe represéntanse os símbolos das familias Rioboo, Caamaño, Seixas e Figueroa, antigos propietarios do pazo ata que foi adquirido e restaurado pola Deputación no ano 1988.

Naquel momento, a institución abonou pola compra 180.303,63 euros. Nos traballos para o seu conversión en punto de atención de visitantes e museo investíronse, ademais, 287.500 euros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Deputación.

Comentarios