A edición máis ecolóxica da Carballeira de Zas


Xa vimos que esta vai ser a Carballeira de Zas máis viral. Pero ademais, dende a organización queren que sexa a máis ecolóxica. Por isa sacan unha iniciativa co obxectivo de reducir a cantidade de residuos plásticos, respectando o entorno natural no que se celebra o evento.
Así, nesta fin de semana na que se celebra a XXXIII edición da Festa da Carballeira da Zas, a carballeira de Velar quedará mellor coidada que nunca.
A idea é que que unha mesma persoa volva utilizar o mesmo vaso durante toda a xornada; os asistentes que desexen consumir deberán pagar unha fianza de 1€ polo envase, que lle será devolta ao final da noite en caso de que o volvan depositar no seu lugar. A importancia de aforro do vaso ecolóxico é moi alta en canto a impacto ambiental, xa que, en xuntanzas deste tipo, xérese unha alta cantidade de lixo plástico, debido o alto número de vasos usados creados con este material.
Deste xeito, os que depositan a fianza e queren recuperala, deben estar pendentes de cómo acaba o envase ao final da noite. Con isto conseguiremos reducir a cantidade xerada de lixo nun evento destas dimensións, evitando residuos plásticos e o estrago de vasos unha vez rematada a bebida do seu interior.
Cabe recordar que a Carballeira se celebra nun entorno natural único, cun cartel que recolle o máis destacado do panorama nacional e internacional do mundo folk. É deber de todos respectar a contorna e facer deste Festival un evento do máis agradable é sostible medioambientalmente.
Máis información
- www.festadacarballeira.com.
- Facebook da Festa da Carballeira.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- A semana cultural preludia a festa da Carballeira de Zas.
- Carballeira 2016: Unha Carballeira do máis viral.
- 2013: 30 anos de folk e festa na Carballeira de Zas.
- 2012: A música e a troula puideron ca chuvia na Carballeira de Zas.
- 2012: Lupe Nieto: “Boa música sen troula non cabe na Carballeira de Zas”.
- Carballeira 2010: A Carballeira, a xornada máis festexeira.
- Carballeira 2009: A Costa enteira vivíu a festa do folk.
- Carballeira 2008: Zas mundializa o folk.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).