Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Feira de Artesanía e a talla de madeira con motoserra amenizarán o sábado da Carballeira de Zas

A Feira de Artesanía e a talla de madeira con motoserra amenizarán o sábado da Carballeira de Zas
Marcos Marino fara un taller de talla con motoserra na Carballeira de Zas Marcos Mariño fará un taller de talla con motoserra na Carballeira de Zas

Moito máis que música trae a Carballeira de Zas. Así o corrobora a gran sesión vermú chea de mexillóns ou as singulares apostas pola Feira de Artesanía e o taller de talla con motoserra.

Será Marcos Mariño, escultor formado na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela e artista que practica a talla con motoserra, o que realice un interesante taller. Marcos é un referente nacional nesta disciplina, tendo asistido a un campionato internacional en Rusia no 2017, no cal competiu con artistas de 16 países máis.

Mentres, ao longo do sábado serán máis de 20 artesáns os que asistirán a xa habitual Feira de Artesanía. O número de artesáns ascende a 24, xa confirmados nesta 35 edición, é o máis alto de todas as edicións celebradas ata o momento, atraendo profesionais de toda Galicia.
Artesáns do coiro, ilustradores, deseñadores de roupa ou bonecos, creadores de instrumentos musicais ou zocos, son so algúns dos postos que se van poder atopar os asistentes a festa, que dará comezo na mañá do sábado, e terá continuidade durante todo o día. Durante esta mañá do sábado tamén se celebrará a tradicional sesión vermú, da man dun vermú galego, que será servido por cocteleiros profesionais, para a súa perfecta degustación.

Carballeira 2018

As entradas para o festival están xa dispoñibles na páxina www.festadacarballeira.com e a través de Ticketea, cun prezo de preventa de 12€. Tamén se poderán obter directamente en despacho de billetes, cun custo de 15€ o bono de dous días. Como nas pasadas edicións, os asistentes poderán contar cunha zona de acampada gratuíta, situada a poucos metros do recinto, dotado de baños e duchas

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/galicia-escocia-e-xapon-protagonizan-unha-festa-da-carballeira-de-zas-mais-folk-ca-nunca/ https://quepasanacosta.gal/cento-e-unha-razons-para-ir-a-carballeira-de-zas/ https://quepasanacosta.gal/suso-lista-conducira-a-festa-da-carballeira/ https://quepasanacosta.gal/unha-viaxe-as-orixes-da-festa-da-carballeira-de-zas/

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios