Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A Regueifesta do IES de Baio, premio nacional e de camiño a Euskadi

A Regueifesta do IES de Baio, premio nacional e de camiño a Euskadi
Regueifesta e RegueiBertsodo IES de Baio e do Vila de Cruces

Como nos gustara o proxecto da Regueifesta cando nolo presentaron os alumnos do IES Maximino Romero de Lema. Unha idea que triunfou en todo o país, lembro a centenaria sabedoría popular ás novas tecnoloxías, e que hoxe está de noraboa: acaba de ser recoñecido e puntuado como excelente, unha vez máis, polos premios de Proxectos de Innovación Lingüística.

Estes premios, cunha dotación económica de 2.000€, son ao traballo dun proxecto educativo denominado “Regueifesta” realizado en conxunto co IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. Os profesores Manolo Maseda e Séchu Sende son os coordinadores deste traballo que busca dinamizar a lingua e a música a través da revitalización da Regueifa entre a xente nova. Unha experiencia conxunta co alumnado e que se pode ver reflexada no seu blog.

 

Encontro galego-vasco

Ao mesmo tempo, estes dous centros educativos, acaban de presentar en Compostela o primeiro encontro de Regueifa e Bertso entre escolares. Estas actividades forman parte dunha xornada que leva por lema "A regueifa está na mesa… camiño da escola", enmarcada no Proxecto Regueifesta. O Concello de Santiago, a través dos departamentos de Lingua e de Educación, colabora con esta iniciativa, que quere poñer en valor a regueifa como método de normalización lingüística e desenvolvemento persoal e social.

O proxecto está impulsado polo IES Maximino Romero de Lema de Baio e o IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces. O seu alumnado visitou esta mañá Compostela, dentro do encontro que están a manter cos estudantes dun instituto biscaíño, o IES de Arratia.

Esta Regueifesta enmárcase tamén no 1º Encontro Regueibertso Galiza-Euskal Herría. O intercambio escolar do proxecto Regueibertso continuará entre os días 13 e 16 de maio, cando serán os rapaces do IES Maximino Romero de Lema de Baio os que visiten Euskadi, xunto cos alumnos do IES Perdouro, de Burela e do IES Marco do Camballón.

 

Máis info

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios