A Semana Cultural enche Zas de animación entre o 29 de xullo e o 4 de agosto
08:12 20/07/18
Obradoiros, exposicións, teatro, monólogos e dous roteiros arqueolóxicos encherán Zas de actividade entre o 29 de xullo e o 4 agosto. A Semana Cultural, un dos programas estrela da concellería de Cultura de Zas, chega máis forte ca nunca que culmirá con outro dos elementos identificativos do municipio: a Festa da Carballeira.
Pablo Díaz, Paco Nogueiras Marcos Pereiro, Luís Iglesia e o baiés Jorge Mira, entre outros referentes da cultura galega, traerán os seus traballos ao Centro Sociocultural Zas para convertelo durante estes días nun auténtico fervedoiro de actividade. As actividades que se realizarán polas mañáns estarán dirixidas principalmente aos máis novos e entre elas destacan algunhas como obradoiros de cociña, contacontos, espectáculos de humor e maxia e concertos musicais como “Tic, Tac Toc, Canta comigo” de Pablo Díaz ou “Radio Bulebule” de Paco Nogueiras.
A actividade continuará polas tardes con distintas propostas para diferentes públicos como un curso de iniciación de percusión e baile tradicional, un taller de fotografía e outro de decoración con bastidores e máis obradoiros de cociña infantís. A actividade non cesará nin polas noites, xa que todos os días a partir das 21:30 horas haberá propostas moi atractivas para o público adulto tales como “Dura Lex”, un monólogo de Volta e Dalle Teatro; “Cómo ser un armario empotrado” con Marcos Pereiro; ou “Senior”, unha obra de teatro protagonizada por Marcos Orsi e Luís Iglesia.
Roteiros
Pero os dous pratos fortes da Semana Cultural son dous roteiros a través dos cales os participantes terán unha oportunidade única de afondar sobre a riqueza arqueolóxica do municipio. A primeira delas será unha “Visita ao Patrimonio Arqueolóxico do Concello de Zas” que se realizará o martes 31 de xullo, na que se visitarán lugares como Pedra Vixía, Arca da Piosa e a Ponte de Brandomil.
Ao día seguinte, 1 de agosto, o físico Jorge Mira encargarase de guiar o roteiro “Unha ollada ao firmamento” no que se realizará unha observación astronómica dende a Arca da Piosa, ou tamén coñecida como a tumba do guerreiro Brandomil. En calquera das dúas rutascombinaranse desprazamentos en autobús e pequenas camiñadas polo que para participar é
necesario anotarse previamente.
A programación da Semana Cultural pecharase coa Festa da Carballeira que nesta XXXV edición volve máis folk ca nunca cun cartel no que destacan Sés, Xabier Díaz, Astarot e grupos internacionais como Niamh Ní Charra, Fatty Farmers, Harmonica Creams ou Mànran, entre outros.
As entradas para o festival xa están á venta a través da páxina web www.festadacarballeira.com . E co fin de que toda a veciñanza participe neste evento o concello de Zas pon a disposición de cada vivenda dúas invitacións para acceder de forma
gratuíta ao festival. As entradas poderán retirarse nas oficinas municipais ata o 3 de agosto.
Novas relacionadas
- Zas prepárase para o Trail-Andaina Coba do Lobo e para visitar o Campo Lameiro
- Zas lanza un completo programa de verán para facilitar a conciliación familiar e laboral
- As piscinas municipais de Zas abren a campaña de verán
- O xogo do “Escape Room” arrasa nas Torres do Allo
- Chega a Zas e a Muxía un verán cheo de actividades
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Zas