Xoves. 21.11.2019
El tiempo

A "Total experience" de devolverlle a cor a Baio

A "Total experience" de devolverlle a cor a Baio
Rematado o Mural Baio Total Experience Rematado o Mural Baio Total Experience Seguindo os pasos da vila de Carballo, outras vilas da comarca estanse apuntando ao poder humanizador dos graffitis. Nestas vilas arrasadas polo feísmo dos anos 70-80-90, a aposta de convertir os grises muros de cemento en lenzos é unha fermosa alternativa para devolverlle, devolvernos, algo de cor. Por iso, concellos como Muxía co seu Muros do Nordés ou Malpica co Pintar na Rúa son os sobriños do pioneiro proxecto Rexenera Fest carballés. Elena protagonista do mural Baio Total Experience Elena é a protagonista do mural Baio Total Experience Outro dos concellos que toman boa nota é o concello de Baio, que despois do graffiti pintado no IES Maximino Romero de Lema, quixo manter esa liña e enchiu de cor un edificio da a rúa Bispo Romero Lema. Foi o artista Yoseba MP, coñecido en toda España pola súa incesante labor de engradecemento da muller rural galega, o encargado de crear este “Baio Total Experience”, que onte quedaba rematado. Un mural que lle serve ao artista cambrés afincado en Santiago a abrir unha nova liña baixo o guiño "Cando a muiñeira se bailaba con ombreiras”. “Baio Total Experience” lévanos de romaría pola festa da Carballeira de Baio, nunha escena da festa de 1989, unha desas romarías “ochenteras onde sempre había algún señor panza arriba roncando a sesta, unha avoa centenaria prantada nunha cadeira de praia e un neno en tactel subido a unha árbore. Gaitas toda a mañá, tortilla, empanada e pechugas de polo rebozadas esparcidas sobre manteles no chan ao acubillo dunha sobre de carballos”. Así define o propio Muruzábal a súa nova serie de murais. Pero todas teñen unha protagonista, unha heroína, unha brava muller do rural galego. E neste caso non é outra que Elena, veciña baiesa que foi cazada en pleno éxtase, case que parece un anxo rodeado por unha sutil áurea. Unha imaxe que quedará para sempre nas nosas retintas, e na nosa vida cotiá. Yoseba MP rematando o mural Baio Total Experience Yoseba MP rematando o mural Baio Total Experience-Foto-Instagram @Turismozas

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-graffitis-tamen-toman-baio/ https://quepasanacosta.gal/carballo-suma-cinco-novas-obras-de-arte-a-sua-galeria-ao-aire-libre/ https://quepasanacosta.gal/os-murais-do-pintar-na-rua-de-malpica-renderon-homenaxe-aos-sectores-produtivos/ https://quepasanacosta.gal/o-muros-do-nordes-transforman-as-ruas-de-muxia-nun-espazo-de-accion/

Comentarios