luns. 05.05.2025
El tiempo

A Valedora do Pobo arquiva a queixa sobre os contratos municipais de Zas

A Valedora do Pobo arquiva a queixa sobre os contratos municipais de Zas
A Valedora do Pobo arquivou o expediente da queixa presentado o pasado mes de novembro polo portavoz do Partido Popular de Zas - David Gómez - en relación aos contratos do servizo de axuda no fogar, a recollida de lixo e o servizo de limpeza dos diferentes edificios municipais. A responsable da institución - Milagros Otero Parga - comunicoulle por escrito ao concello de Zas a decisión tras analizar a información relativa ao caso remitida o pasado 31 de xaneiro polo goberno municipal. Asemesmo, informa que lle trasladará dita información ao interesado. O rexedor de Zas - Manuel Muíño- sinala que o "o que intenta o PP é entorpecer o funcionamento da administración con este tipo de queixas xa que esta información está a disposicióin dos concelleiros".   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Zas

Comentarios