A víbora das Torres do Allo que percorre toda Galicia
08:15 24/10/17
Xosé Antón Fraga falou o pasado sábado da figura de Víctor López Seoane e da súa relación coas Torres do Allo
É unha das máis comúns na comunidade galega. Ten unha lonxitude media de entre 45 e 50 centímetros e diferenciase por ter escamas grandes na cabeza e o perfil do fuciño redondeado ou anguloso. Trátase da Vípera seoanei e é un dos segredos a voces que agocha o pazo das Torres do Allo, en Zas.
Non é que aquí haxa unha concentración de víboras desta especie maior que noutros puntos da comunidade, se non que o seu nome está moi ligado co pazo máis antigo de Galicia. O bautizo desta especie corriu da man de Fernand Lastate, un coñecido zoólogo francés. Corría o verán do ano 1879, cando Víctor López Seoane desfrutaba da súa estadía nas Torres do Allo. Estando alí recibía unha misiva do experto francés no que lle contaba que despois de observar os catro exemplares de víbora que lle remitira anteriormente López Seoane chegara á conclusión de que unha delas era unha "espèce nouvelle" e que denominaba dende entón Vípera seoanei.
Desta curiosa historia falou o pasado sábado Xosé Antón Fraga - catedrático de Bioloxía e Xeoloxía - durante o seu relatorio que se enmarca dentro do ciclo monografías Torres do Allo no que distintos expertos abordan disciplinas vinculadas ó pazo. A actividade, que é de balde, está posta en marcha pola concellería de Cultura de Zas - encabezada por Manuel García Velo -.
Os últimos habitantes das Torres
Víctor López Seoane
Segundo os estudos feitos por Xosé Antón Fraga, Víctor López Seoane (1832-1900) foi probablemente un dos naturistas máis importantes da súa época. "Calquera museo de Historia Natural de Europa conta con algún exemplar de ser vivo enviado no momento por Víctor López Seoane", indicou Fraga. O seu traballo como naturista tivo dobre mérito, xa que era el era médico de profesión e o estudo da natureza era a súa grande afección. López Seoane era "un cotizado solteirón de Ferrol" que en 1832 casou con Francisca de Riobóo e Álvarez - dona do Allo - logo de que ésta quedase viúva. Dende o seu matrimonio, López Seoane residía curtas tempadas no pazo de Zas onde adicaba unha boa parte do seu tempo ao estudo de especies animais, á publicación de libros e onde recibía tamén a visita de importantes científicos como Ragnar Hult. Tamen empregaba os despachos do Allo para manter correspondencia con moitos estudosos, entre eles autor da teoría da selección natural de especies - Charles Darwin - quen lle fixo cambiar a súa forma de entender a investigación.
"O seu obxectivo era facer un compendio da historia natural de Galicia", sinala Xosé A. Fraga. E aquí chegou a súa primeira frustración debido ás duras críticas que recibiu de Fernand Lastate. Foi un gran coleccionista (de cunchas, de narcisos,...) o cal revelaba un pouco a súa forma de ser. Un tema que lle interesou especialmente ao Víctor López Seoane que cobra vida durante as visitas teatralizadas dos Quinquilláns coa interpretación de Lucho Penabade, presente entre o público da monografía.
Outra das pegadas - entre as moitas que deixou Víctor López Seoane no pazo das Torres do Allo - é a bóveda de carballos que conducen cara o que se considera como o primeiro pazo galego.
Víctor López Seoane participou da modernización dos procesos científicos dende a ‘finisterrae’ grazas á correspondencia que mantiña co gran biólogo Charles Darwin, autor da teoría da selección natural das especies. Estas misivas, que probablemente escribía dende algún dos despachos do Pazo do Allo, cambiaron por completo a súa forma de entender a actividade investigadora e influénciano decisivamente para iniciar varios proxectos de gran relevancia. Un deles é o da primeira Historia Natural de Galicia, con numerosos traballos sobre ornitoloxía, herpetoloxía e entomoloxía.
Vindeira e última cita
A vindeira cita co ciclo de Monografías do Allo é o vindeiro sábado, 28 de outubro, ás 17 horas. Nesta ocasión abordaráse a historia das familias vinculadas cos pazos e coas casas fidalgas da Costa da Morte e, especialmente, as das Torres do Allo. A monografía correrá a cargo de Xosé María Lema Suárez - catedrático de Xeografía e Historia - cun relatorio que leva por título “Notas sobre os pazos e casas fidalgas da Costa da Morte”.
Máis información
Novas relacionadas- Un ciclo de monografías repasa a arquitectura, a bioloxía e a historia das Torres do Allo
- Enfoques do Allo que que trascenden as redes sociais
- As Torres do Allo acollen a entrega de premios do concurso de fotografía co móbil.
- As Torres do Allo mudan o seu horario de visita
- As Torres do Allo incrementan nun 126% o número de visitantes con respecto ao mesmo mes do ano pasado
- Cinco razóns (ou máis) para visitar as Torres do Allo
- A música e o cine volven ás Torres do Allo
- As Torres do Allo bate récord de visitas
- De ruta polos pazos de Zas
- Continúan as actividades nas Torres do Allo
- As Torres do Allo énchense de música clásica, xogos e visitas guiadas durante a fin de semana
- Zas promociona as Torres do Allo a través dun concurso de fotografía
- As Torres do Allo dixitalízanse e énchense de actividades
- As Torres do Allo estrean horario de verán
- Un grupo de profesores de distintas universidades visitan as Torres do Allo
- Lucho Penabade: “O Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo son os escenarios ideais para as visitas teatralizadas”
- Abril 2017: As visitas teatralizadas volven ás Torres do Allo na Semana Santa
- Xaneiro 2017: As Torres do Allo estrean folletos
- Xaneiro 2017: Os mil segredos das Torres do Allo
- Novembro 2016: 140 alumnos de Zas aprenden a historia da comarca nas Torres do Allo
- Setembro 2016: As Torres do Allo acollen unha exposición de pezas de Olería de Buño
- Setembro 2016: Máis de 2200 persoas visitaron as Torres do Allo durante o verán
- Setembro 2016: 400 persoas disfrutaron das visitas teatralizadas das Torres do Allo
- Xullo 2016: Máis de 900 persoas visitan as Torres do Allo nos últimos tres meses.
- Xullo 2016: As Torres do Allo potencian o seu pasado.
- As visitas teatralizadas chegan ás Torres do Allo
- O Concello de Zas xestionará as visitas e a difusión das Torres do Allo
- Redacción QPC ([email protected])