venres. 22.08.2025
El tiempo

Abre ao tráfico a nova ponte de acceso ao parque empresarial de O Allo

ponte-parque-empresarial-o-allo
Abre ao tráfico a nova ponte de acceso ao parque empresarial de O Allo

Esta mañá de venres, a partir das 09:00 horas, queda aberta ao tráfico a nova ponte de acceso ao Parque Empresarial de O Allo e a que será unha das portas de entrada ao Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte.

Onte, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, achegouse ata a zona. “Coa nova ponte mellórase de forma considerable o acceso ao Parque Empresarial de O Allo facilitando a entrada a camións e outros vehículos de gran volume e tamén será unha das portas de entrada ao Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte que xa está en marcha despois de varios meses de xes)óns administrativas”, sinalou o rexedor.

O Concello de Zas investiu un total de 162.785,03€ nestes traballos que tiveron unha duración de 3 meses e que se inclúen no plan de mellora da rede de estradas municipais. As obras consistiron na demolición da antiga ponte, o acondicionamento do cauce e na colocación dunhas vigas prefabricadas que son as que sosteñen un taboleiro de case nove metros de ancho que permiten que a ponte teña agora dous carrís de circulación, un en cada sentido, e unha franxa peonil de 1,5 metros.

Comentarios