Venres. 19.04.2024
El tiempo

Zas presenta o primeiro Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte

presentacion-parque-cientifico-tecnoloxico-costa-da-morte copia
presentacion-parque-cientifico-tecnoloxico-costa-da-morte copia
Zas presenta o primeiro Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte

Importante anuncio o que fixo o Concello esta fin de semana. En presenza dos responsables da Universidade da Coruña, o rexedor Lolo Muíño anunciou a creación do primeiro Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte.

Trátase dun proxecto, que xa leva meses de xestación e que que se desenvolverá no novo Parque Empresarial de Lamas, tratando de ofrecer unha alternativa diferente aos servizos habituais dos polígonos da comarca.

O Concello desenvolverá pois a primeira fase (a forma de adquisición será a expropiacións con fondos municipais) do Polígono de Lamas, para, coa axuda da UDC, converterse en poucos anos nun referente para toda a comarca e incluso para toda a provincia xa que a nivel nacional exiten 52 parques empresarias deste tipo e dous dos cales están ubicados na comunidade galega.

“Este proxecto ten un alto valor engadido porque dende aquí darémoslle prioridade á realización de actividades de I+D+i o cal axudará a crear emprego de calidade e a fixar poboación na zona”, sinalou o director adxunto da Fundación Universidade da Coruña. “Este parque está pensado dentro do modelo industrial do futuro e pensamos que a Costa da Morte e as súas empresas deben de incorporarse a esta dinámica”, sinalou Braulio Pérez Astray, que tamén destacou a cooperación entre dúas entidades públicas.

A investigación previa do proxecto detectou diferentes problemas económicos e sociais que afectan a Costa da Morte dunha forma especial; tales como o descenso da poboación ou os empregos pouco cualificados. “Cremos que o Parque CienXfico e Tecnolóxico da Costa da Morte pode axudar a solucionar en boa parte estes problemas”, sinalou Alfonso Bravo Juega.

Que é un Parque Científico e Tecnolóxico?

Un Parque Científico e Tecnolóxico é un proxecto que:

  • Mantén relacións formais e operativas coas universidades, centros de investigación e outras insAtucións de eudcación superior.
  • Está deseñado para alentar a formación e o crecemento de empresas basadas no coñecemento e doutras organizacións de alto valor engadido pertencentes ao sector terciario, normalmente residentes no propio parque.
  • Conta cun organismo estable de xestión que impulsa a transferencia de tecnoloxía e fomenta a innovación entre empresas e organizacións usuarias do parque.

Comentarios