Venres. 26.04.2024
El tiempo

Abren o prazo de solicitude das becas de estudos do Concello de Zas

Abren o prazo de solicitude das becas de estudos do Concello de Zas

Ata o vindeiro 2 de novembro, está aberto o prazo de solicitude das axudas incluídas nas Bolsas de Estudos 2022-2023 convocadas polo Concello de Zas. Unhas becas, que cumpren a súa 12ª convocatoria, que teñen como finalidade a integración socio-laboral das familias con menos recursos do noso municipio.
O Concello de Zas destinará 29.100€ procedentes do seu remanente para estas axudas.  O crédito repartirase en 180 bolsas e o importe das mesmas pode ir dende os 120€ ata os 360€ en función dos estudos que se realicen.

Están destinadas para familias empadroadas en Zas que cursen Ensinanza primaria, ESO, FP Básica, Bacharelato e ciclos formativos (medios e superiores), ou mesmo Estudos universitarios (agás másters e estudos de posgrao)

Poden solicitarlas (unha vez analizado as bases) a través da Sede Electrónica do Concello de Zas, pero tamén poden acodir ao Concello de Zas pedindo cita previa no número de teléfono 981 70 83 03.
Na seguinte ligazón poden consultarse as bases completas da convocatoria:
 

Comentarios