Arrancan os Premios Fouciño coa proxección de Fóra, un documental sobre a contaminación
12:10 25/06/18
Esta tarde a partir das 21:30 horas proxectarese o documental Fóra no local municipal situado no edificio Pomares. Imaxe: Praza.gal
A terceira edición dos Premios Fouciño – organizados polo concello de Zas - arrancan mañá cunha semana adicada ao audiovisual. Ao igual que na anterior edición, ao longo desta semana proxectaranse no local municipal situado no edificio
Pomares de Baio unha serie de documentais sobre distintas temáticas sociais. Hoxe comenzan por un dos temas máis preocupantes da actualidade: a contaminación. Será con “Fóra”, un documental dirixido e guionizado polo escritor e xornalista Rodrigo Costa. O documental, que se estreou en febreiro de 2018, recolle a historia da oposición ás factorías de Ence e Elnosa na súa actual localización, dando voz a colectivos e persoas que tiveron un importante papel nesta loita e no que se inclúen documentos e testimonios rexistrados a partir da década dos 60.
Obradoiros
Por outra parte, continúa aberto o prazo de inscrición nos dous obradoiros que se realizarán o día grande deste certame, o 30 de xuño. Un deles está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. Neste taller, que será entre as 12:00 e as 14:00 horas, os participantes coñecerán algunhas das técnicas empregadas no audiovisual e incluso terán tempo para crear entre todos unha curta. E xa pola tarde, será o turno dos maiores de 55 anos que poderán participar nun obradoiro no que aprenderán a manexar a cámara do teléfono móbil e a sacarlle un maior rendemento ao seu dispositivo móbil. O obradoiro será o sábado 30 de xuño ás 17:00 horas e para asistir é necesario levar un smartphone ou un teléfono móbil con cámara.
Para participar en calquera dos dous obradoiros é necesario inscribirse previamente no centro sociocultural de Zas ou ben chamando ao número de teléfono 981 751 398 ou enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected]. O último día para anotarse é o venres 29 de xuño.
Novas relacionadas
- Fouciño 18: Os Premios Fouciño superan as 30 curtas a concurso
- Fouciño 18: Os Premios Fouciño ofertan un obradoiro para nenos e outro para adultos
- Fouciño 18: Últimos días para participar nos Premios Fouciño
- Fouciño 18: Ampliado o prazo para participar nos Premios Fouciño
- Fouciño 18: O audiovisual e a música volven a Baio na III edición dos Premios Fouciño
- Fouciño 18: Santi Romay, padriño dos Premios Fouciño
- Fouciño 18: MounQup e Igmig traerán as súas músicas ao festival dos Premios Fouciño
- Fouciño 18: Os Fouciños asaltan as aulas
- Fouciño 18: Os Fouciño volverán situar a Baio no centro do audiovisual galego.
- Interplay 18: O V Carballo Interplay recibe 256 webseries de todo o mundo.
- Fouciño 17: Curtas e moito máis nos Premios Fouciño de Baio:
- 06-07-17: Lucía Regueiro: “O sábado estarei por Baio para gozar coas curtamentraxes que participan nos Premios Fouciño”
- 25-06-17: “Cos Premios Fouciño queremos premiar a creatividade audiovisual da veciñanza”
- 20-06-17: Unha nova falsa sobre o descubrimento dunha anticitera serve de base para unha curta dos Premios Fouciño
- Fouciño 2016: Os Premios Fouciño convertiron a Baio na capital audiovisual da Costa da Morte
- Un fouciño audiovisual para loitar contra o illamento cultural da Costa da Morte:
- Curtas, charlas e un concerto protagonizan os Premios Fouciño de Baio.
- Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- Adro crea os ‘Premios Fouciño do audiovisual’.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).