Mércores. 20.11.2019
El tiempo

As Torres do Allo vístense de traxe tradicional

As Torres do Allo vístense de traxe tradicional
As Torres do Allo acolleran unha exposicion de traxe tradicional

Interesante a nova mostra que prepara a Concellería de Cultura do Concello de Zas para seguir dándolle vida ás Torres do Allo. Coa colaboración da Deputación da Coruña, e coa participación especial da Asociación de Baile Tradicional Churía, prepara unha mostra de traxe tradicional que poderá visitarse no interior do Pazo do Allo.

Baixo o título "Mostra do Traxe Tradicional da Terra de Soneira", pezas orixinais do século pasado, reproducións, fotografías antigas, recollidas audiovisuais, e traxes completos estarán ao alcance do público na sala polivalente do pazo dende o 24 de marzo ata o 29 de abril en horario de apertura do monumento.

A Asociación Churía achega os materiais que poderán verse nesta exposición centrada nas particularidades da vestimenta tradicional deste territorio. Unha labor de busca, conservación e posta en valor inestimable, conseguindo pezas únicas de fondos privados que se poderán ver por primeira vez nesta mostra.

Comeza así o programa de actividades especiais do 2018 deseñadas polo Concello para as Torres do Allo. A exposición permanecerá aberta durante toda a Semana Santa. A entrada á mostra e as actividades complementarias serán de balde.

Fonte

Comentarios