Venres. 26.04.2024
El tiempo

Avanzan as obras de saneamento na Avenida da Cacharosa de Baio

obras-beirarruas-avenida-cacharosa9
As obras inclúen a renovación das beirarrúas
Avanzan as obras de saneamento na Avenida da Cacharosa de Baio

A entrada de Baio lucirá dentro de moi pouco un novo aspecto xa que avanzan a moi bo ritmo as obras de renovación das beirarrúas e da rede de saneamento que se están a realizar na Avenida da Cacharosa, no tramo comprendido entre o cruce de Baio Pequeno e o cruce de Zas.

A empresa Construcciones y Excavaciones Germán Mouzo, S.L., que saíu adxudicada por un total de 117.899,34€, (co 80% a cargo da Deputación) ten un prazo de 4 meses de execución.

As obras, que ademais de mellorar a rede, servirán para afianzar a seguridade dos peóns, estanse a realizar concretamente entre os puntos quilométricos 57,600 (cruce de Baio Pequeno) e 57,200 (cruce de Zas).

Comentarios