Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Baio cumpre coa súa "ITV espiritual"

Baio cumpre coa súa "ITV espiritual"
procesion-san-cristovo-baio Xandro Calvo, Cristina e Patricia Souto e Gema Lema levaron os premios aos mellores coches engalanados Tal e como o marca o calendario, os baieses e baiesas cumpriron onte coa súa particular "ITV espiritual" que conta con máis de 75 anos de historia. Como cada 10 de xullo foron moitos os veciños que sacaron o seu vehículo en procesión xunto co San Cristovo. Vehículos cada vez máis engalanados grazas ao esforzo que fai ano tras ano a comisión de festas encabezada por Manuel Espasandín para que esta tradición se conserve. E para iso, nada mellor que facelo con recoñecementos. Así que unha vez rematada a procesión e co veredicto dun xurado anónimo, entregaronse os premios aos tres vehículos mellor engalanados para ocasión así como o premio especial para vehículos de dúas rodas. E unha vez máis, o primeiro premio foi para o mozo Xandro Calvo que leva uns anos arrasando co seu "coche sen carné". O segundo premio levárono as irmás Cristina e Patricia Souto mentras que o terceiro foi para Gema Lema. A mención especial para os vehículos de dúas rodas foi para María Calvo e Jimena Moreno. premioespecial María Calvo e Jimena Moreno levaron o premio especial de San Cristovo [fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10156339413012177/?t=2" width="800" height="500" onlyvideo="1"] Pero antes da entrega de premios, o arranque da festa dérono os pregoeiros Chus López - de Fornelos e directora do CEIP Labarta Pose de Baio nos últimos anos - e Pablo Mira - moi coñecido polas súas múltiples facetas - na que loaron o traballo de ducias de veciños e veciñas que altruistamente poñen a disposición do pobo o seu tempo libre para estar ao frente do activo movemento asociativo que tanto caracteriza a Baio. E este é o caso de Manuel Espasandín e o resto de membros que forman a comisión de festas de Baio que despois de cinco anos de intenso traballo e de moita burocracia deciden "deixalo". [fbvideo link="https://www.facebook.com/447515178650724/videos/1747374311998131/" width="850" height="400" onlyvideo="1"]   Despois do pregón chegou a sesión vermú a cargo da orquesta Foliada que compartiu escenario á noite coa París de Noia. E con este cartel o público respondeu cun ateigado campo da festa en pleno Baio Pequeno e que onte se converteu nun dos temas principais de conversación polo recente cambio de donos e de sobre como afectaría isto á celebración da festa. Pero antes ainda queda por diante a sesión vermú e a verbena desta noite coas orquestas Galilea e El Combo Dominicano.  

Novas relacionadas

“Comision festas Baio: “A procesión de coches de san Cristóbal de Baio ten máis de 75 anos de historia”” — Que pasa na costa “Baio prepárase para a procesión motorizada máis auténtica da bisbarra” — Que pasa na costa Fonte  

Comentarios