Venres. 03.05.2024
El tiempo

Baio prepárase para o VII Pepe Valiña

Baio prepárase para o VII Pepe Valiña
Este vindeiro sábado 18 de decembro a Axenda Costa da Morte ten unha cita coral en Bai. A AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella organiza na igrexa nova de Baio ás 21:00 horas o tradicional Concerto de Nadal VII Memorial Pepe Valiña que contará coa presenza do Coro de Mulleres de Vilaboa, a Coral de Malpica e a anfitrioa Coral Xan Mella. Será a primeira vez que un coro composto só por mulleres cante na vila labartiana e tamén por vez primeira a coral que dirixe Tatiana Pankrátova rematará a súa actuación cun tema acompañada por piano e violín solista. Neste encontro polifónico poderán escoitarse dende as panxoliñas típicas destas datas ata cancións andaluzas, mexicanas, tangos, xotas, temas pop, habaneras e tamén cantigas galegas.

Máis corais en Corcubión

E para os amantes da música coral, poden completala fin de semana asisitindo o domingo ao Festival de Corais que organiza o Coro de Airiños de Quenxe.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Zas.

Comentarios