![corais-nadal-baio-2010]()
Este vindeiro
sábado 18 de decembro a
Axenda Costa da Morte ten unha cita coral en Bai. A AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella organiza na igrexa nova de Baio ás 21:00 horas o tradicional Concerto de Nadal
VII Memorial Pepe Valiña que contará coa presenza do Coro de Mulleres de Vilaboa, a Coral de Malpica e a anfitrioa Coral Xan Mella.
Será a primeira vez que un coro composto só por mulleres cante na vila labartiana e tamén por vez primeira a coral que dirixe Tatiana Pankrátova rematará a súa actuación cun tema acompañada por piano e violín solista.
Neste encontro polifónico poderán escoitarse dende as panxoliñas típicas destas datas ata cancións andaluzas, mexicanas, tangos, xotas, temas pop, habaneras e tamén cantigas galegas.
Máis corais en Corcubión
E para os amantes da música coral, poden completala fin de semana asisitindo o domingo ao Festival de Corais que organiza o Coro de Airiños de Quenxe.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Zas.