Martes. 15.10.2024
El tiempo

Baio revive a historia atlética dos Foucellas

Peke no Trail Foucellas do ano pasado
Peke no Trail Foucellas do ano pasado
Baio revive a historia atlética dos Foucellas

O Monte Castelo ten unha maxia especial. Contan os vellos que nas súas covas era onde se agochaban os fuxidos do franquismo. Os coñecidos como “Foucellas”, o alcume de Benigno Andrade, natural de Mesía, cuia bravura como guerrilleiro fixo que ese alcume se extendese a todos aqueles que simplemente non querían ir ao exército.

A rapazada de Baio, a través da Asociación Tabeirón, quere que estas historias non queden no esquecemento, e para iso organiza, dende hai uns anos, o Trail Foucellas. Un Trail que percorre os roteiros que facían os fuxidos ao caer a noite para baixar a vila e procurar algo de comuda, ou de agarimo.

A historia recupera un momento dramático cando unha noite do inverno do 1945, un grupo deses Foucellas foron sorpendidos (por casualidade ou por algún soplo) por unha ducia de militares que ían cara o campamento de Su A Agra, na Cacharoza. Os fuxidos deron a volta e gabearon as rochas do Monte Castelo, e se ben non houbo mortos aquela noite, as balas fixeron tremer o peor ás familias.

Así quere revivir a mocidade de Baio aquelas historias, con este Trail, para o que xa hai 243 inscritos (69 larga e 146 corta e 4 minifoucellas e 15 peke Foucellas) entre os que non faltarán Pablo Mira ou Pablo Canillas.

O roteiro subirá o Monte Castelo, pasará polo Monte das Cabras, polas Torres do Allo, para baixar ata o Río Grande do Porto, e ir pola beira ata Su A Agra e chegar ata a Carballeira de Baio onde está a meta.

Teñen máis información e inscricións aquí.

Novas relacionadas

Comentarios