Venres. 19.04.2024
El tiempo

Deporte, natureza e a historia dos fuxidos da posguerra únense no Trail Foucellas

Trail Foucellas de Baio
Atravesando o rio Grande ou Porto
Deporte, natureza e a historia dos fuxidos da posguerra únense no Trail Foucellas

Trala fermosa Trail Viquinga de Carnota, os atletas da provincia xa contan as horas para o IV Trail Dos Foucellas, que terá lugar en Baio o domingo 11 de decembro de 2022. Unha proba combina deporte, natureza e a historia dos fuxidos da posguerra que se agochan no monte Castelo e a Corte da Cabras, xa que se recrea con actores que interpretan a perseguidos e a persiguidores con gardas civís -algúns deles a cabalo- e Foucellas polo monte, que lle dan un punto de espectáculo a este Trail.

Ademais disfrutarase das fermosas paraxes á beira do río Porto, como son Pedra Vixía e a Carballeira de Baio, que acaba de ser incluída no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras,

Na propia carballeira con árbores de máis de 150 anos de vida, é desde onde se dá a saída e tamén onde está a meta, así como onde se fai a entrega de premios ás 13.30 h. e o aperitivo final dos callos. 
A proba está organizada por Tabeirón Deportivo, coa colaboración do Concello de Zas e a Deputación da Coruña.

Haberá dúas distancias: 27 km (comezo ás 9:30),  14 e 7 km (comezo ás 10:30). Haberá tamén diferentes distancias para categorías inferiores: 2,6 km para infantís e alevíns (2009-2012) e 1,3 km para benxamín ( 2013-2014) ás 11.00 horas.

Teñen máis información e inscricións aquí.

Trail Foucellas 2022

 

Comentarios