![]()
Uns 50 socios acudiron á Asamblea Xeral Extraordinaria que celebrou onte no auditorio de Baio a Asociación Cultural Adro
Sensación estrana a que queda entre os veciños baieses trala importante Asemblea Xeral Extraordinaria convocada onte pola
Asociación Cultural Adro. Unha cita clave para o devir da Festa da Carballeira, a gran festa da vecindade baiesa, cando quedaría apenas un mes para a súa celebración. Foron máis de 50 os socios que acodiron á reunión, unha das máis concorridas dos últimos anos, dando conta do interese que ten este asunto entre a veciñanza.
A directiva tivo que comunicar que a día de hoxe aínda non dispón da autorización da propietaria dos terreos para celebrar a festa, polo que a Asociación non vai poder organizar o evento. A clave está no
proceso de compra que está a desenvolver o Concello.
Precisamente sobre ese asunto falaron os presentes alcalde Lolo Muíño, e o teniente alcalde, Óscar Lema, mentres o voceiro do PP David Gómez, non fixo ningunha declaración ao respecto a pesar de que recemente acusou a través dos medios de comunicación ao alcalde de
“crear un problema veciñal onde non o había co seu capricho de adquirir para o municipio os terreos da Carballeira de Baio”.
Durante a reunión de onte, o alcalde de Zas explicou que as donas non ceden os terreos por motivos económicos, unha vez que aínda non se chegou a un acordo entre propietaria e Concello.
En todo caso, o alcalde deu un mensaxe esperanzador, sinalando que se chegaban un acordo antes do día da festa - que sería o 25 de xuño -, o Concello sacaría adiante a Carballeira asumindo a organización.
![]()
Imaxe dunha festa da Carballeira do ano 2012
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).