Mércores. 23.10.2019
El tiempo

Capturadas máis de 1.500 raíñas na campaña de trampeo da vespa velutina de Zas

Capturadas máis de 1.500 raíñas na campaña de trampeo da vespa velutina de Zas
Campaña-trampeo-xuño1 Nos últimos quince días, as trampas instaladas en distintos puntos do municipio capturaron case 200 raíñas Despois de tres meses e medio chega ao seu fin a campaña de trampeo da vespa velutina posta en marcha polo concello de Zas asumindo así o control dunha praga que, segundo indica do alcalde - Manuel Muíño - "é responsabilidade da Xunta de Galicia". E os datos da campaña son, cando menos alarmantes. Así, as trampas capturaron neste período máis de 1.500 raíñas freando así a formación doutros tantos niños e evitando o nacemento de 30 millóns de obreiras, xa que cada niño está composto por unhas 20.000 obreiras. As trampas revisáronse e renováronse cada 15 días a través dos membros de Serpa; unha empresa especialista na extinción desta praga. Precisamente o pasado venres, retiraron as trampas da primeira quincena de xuño a través das cales se capturaron un total de 670 vespas velutinas (194 raíñas, 411 obreiras e 65 obreiras pequenas). Segundo indican os expertos na materia, será a partir da entrada do verán cando a especie comece a elaborar niños de gran tamaño polo que o Concello de Zas recórdalle á veciñanza a importancia de dar aviso ao Servizo de Emerxencias chamando ao número 012, que serán os encargados das actuacións necesarias para proceder á súa eliminación. Por outra parte, o concello de Zas agradece a colaboración da veciñanza na colocación de trampas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios