sábado. 01.11.2025
El tiempo

O Centro Sociocultural de Baio acolle unha nova exposición coas obras do pintor Ismael Galego

 

cartel expo Ismael Galego-Zas
O Centro Sociocultural de Baio acolle unha nova exposición coas obras do pintor Ismael Galego

Xa está en marcha a segunda mostra que forma parte do ciclo de exposicións no Centro Sociocultural de Baio iniciado este mes de outubro e que se estenderá ata o mes de maio. Desta volta, no marco da apost amunicipal pola pola cultura e as artes plásticas, o centro baiés inaugura este luns 3 de novembro  a exposición de Ismael Galego. 

O pintor pontevedrés (Agolada) trae as súas obras nas cales plasma paisaxes e elementos emblemático do noso país, como hórreos, festas, portas, rúas,… cunha técnica realista. Enxeñeiro de formación e profesión ata o ano 2014, dende entón dedícase á pintura, facendo sempre unha  homenaxe á terra, á tradición.

A inauguración será o luns 3 de novembro ás 18:00 horas, e a mostra poderá verse ata o 12 de decembro co seguinte horario de visita: De martes a venres, de 15:30 a 20:30 horas; e os Sábados, de 10:00 a 14:00 horas.

Comentarios