Venres. 19.04.2024
El tiempo

Comeza a rodar o teatro en Zas da man de Badius

Comeza a rodar o teatro en Zas da man de Badius
A Escola de Teatro de Zas xa está en marcha. DA man dos actores de Badius Teatro, a compañía baiesa, Marco Alvarez Rodríguez, e Pablo Soto "Pibe" dá comezo o 4 ano da Escola. Aquí os vemos a ambos na clausura do curso do ano pasado O curso abrangue dende o 6 de novembro do 2010 ata o 29 de maio do 2011. O curso desenvolverase os sábados no seguinte horario:
  • Horario Baio: Sábados de 12:30 a 14:00 horas no salón de actos do Polideportivo.
  • Horario Zas : Sábados de 15:30 a 17:00 horas no salón de actos do Concello.

Máis información e inscricións

Para máis información chamar o 981 75 13 98, e non dubides en darnos a túa opinión na dirección de correo electrónico [email protected] ou en Facebook no grupo Badius.

Actuación de Badius

Entremebtres a compañía baiesa segue actuando polo país adiante. O vindeiro sábado 6 de novembro o grupo de teatro Badius representará a  obra "Xoo.. ante o perigo" no auditorio de Padrón.

Novas relacionadas

Fonte

  • NOta de prensa da Escola de Teatro de Zas.

Comentarios