Comeza a rodar o teatro en Zas da man de Badius
18:30 07/11/10
A Escola de Teatro de Zas xa está en marcha. DA man dos actores de Badius Teatro, a compañía baiesa, Marco Alvarez Rodríguez, e Pablo Soto "Pibe" dá comezo o 4 ano da Escola. Aquí os vemos a ambos na clausura do curso do ano pasado
O curso abrangue dende o 6 de novembro do 2010 ata o 29 de maio do 2011. O curso desenvolverase os sábados no seguinte horario:
- Horario Baio: Sábados de 12:30 a 14:00 horas no salón de actos do Polideportivo.
- Horario Zas : Sábados de 15:30 a 17:00 horas no salón de actos do Concello.
Máis información e inscricións
Para máis información chamar o 981 75 13 98, e non dubides en darnos a túa opinión na dirección de correo electrónico [email protected] ou en Facebook no grupo Badius.Actuación de Badius
Entremebtres a compañía baiesa segue actuando polo país adiante. O vindeiro sábado 6 de novembro o grupo de teatro Badius representará a obra "Xoo.. ante o perigo" no auditorio de Padrón.Novas relacionadas
- Badius e Feminino Plural gañan premios no certame de teatro afeccionado máis importante do país.
- O teatro tomou Zas para pechar o curso.
- Este sábado comeza o XVII Ciclo de Teatro de Ponteceso.
- O SNL de Zas promove o uso do galego entre o tecido asociativo.
Fonte
- NOta de prensa da Escola de Teatro de Zas.