Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Concello de Zas abre o prazo de solicitude das becas de estudos para o curso 2023-2024

bolsas-estudo-zas-2023-2024 copia
O Concello de Zas abre o prazo de solicitude das becas de estudos para o curso 2023-2024

Ata o vindeiro 22 de novembro, as familias empadroadas no Concello de Zas poderán solicitar as axudas municipais incluídas nas Bolsa de Estudos 2023-2024.
Para tal fin, destinaranse 29.100€ dos fondos propios que se repartirán en 180 bolsas, cuxo importe vai dende os 120€ ata os 360€ en función dos estudos que se realicen e dunha serie de baremos; tales como a situación económica familias, o número de membros que integren a unidade familiar e os méritos académicos do alumno/a.
Esta é unha iniciativa impulsada polo equipo de goberno do BNG de Zas e que se realiza dende hai máis de dez anos coa finalidade de colaborar coas familias que máis o necesiten para afrontar os gastos derivados do curso escolar e, desta forma, facer efectivo o principio de igualdade no dereito a educación.

As bases da convocatoria poden consultarse na Sede Electrónica do Concello de Zas, a través desta ligazón.

Comentarios