O Concello de Zas amplía o ancho das estradas municipais de A Churía, A Vicenta e Sobreira
10:30 19/10/21
Cos fondos do Plan Único de Concellos POS+ 2020 da Deputación da Coruña, o Concello de Zas está a desenvolver a ampliación do ancho de varias estradas municipais. En concreto os traballos céntranse no asfaltado dos sobreanchos nas estradas de A Churía (Meanos), A Vicenta (Loroño) e Sobreira (Gándara). Unha vez rematadas as obras, incrementarase notablemente o ancho de ditas carreteras de titularidade municipal e, por conseguinte, mellorarase a seguridade viaria nestes puntos.
As obras supoñen unha inversión de 64.630,59€. A empresa Ctnes. J. Mauri e hijos, s.l. é a encargada de executar os traballos.