Luns. 29.04.2024
El tiempo

Rouban 350 metros de cable da rede de alumeado pública de Zas

roubo-cable-lamas-zas
Rouban 350 metros de cable da rede de alumeado pública de Zas

O Concello de Zas vén de denunciar o roubo de 350 metros de cable da rede de alumeando pública no lugar de Lamas que, como consecuencia, deixou sen luz exterior esta zona.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, sinala que xa se está traballando para restablecer o alumeado público o antes posible así como para reparar todos os danos causado. O rexedor, que se achegou onte ata a zona para observar os desperfectos, lamenta estes feitos e pídelle a veciñanza a súa colaboración para intentar identificar as persoas autoras deste acto vandálico.

Representantes do equipo do Goberno local, entre os que estarán o Alcalde, reuniranse este venres ás 16:30 horas coa veciñanza de Muíño para a instalación dunha pancarta a través da cal se lle reclama a Movistar a extensión da fibra óptica a toda parroquia.

A pancarta colocarase mañá, venres, ás 16:30 horas no lugar de Marán (Muíño-Zas).

Comentarios