sábado. 07.12.2024
El tiempo

O Concello de Zas implanta o colector marrón de uso exclusivo para os residuos orgánicos

Usando o colector marron en Laracha
O Concello de Zas implanta o colector marrón de uso exclusivo para os residuos orgánicos

Todos os concellos do estado van que que adaptarse antes ou despois, pero cómpre un proceso de adaptación e de educación. Porque os novos criterios de xestión de residuos marcados dende Europa, obrigan a implantar o colector marrón de uso exclusivo para os residuos orgánicos.

Así, como xa o fixeron como pioneiros en Galicia os Concellos da Laracha e Carballo, desta volta é o Concello de Zas, que comezará a implantar o colector marron a principios do próximo.

Con esta medida, prevese a mellora da eficiencia na reciclaxe, tendo en conta que case a metade do lixo que se produce no fogar é materia orgánica.

A chave

Unha das súas particularidades é que este será un depósito pechado polo que para facer uso del será necesario ter unha chave. Para iso, dende o Concello de Zas buscan familias que desexen implicarse neste novo proxecto de recollida selectiva de residuos.

Proceso informativo

Durante estes meses realizaranse por todo o municipio diversas accións informativas. A primeira delas será o vindeiro domingo, na Praza Jorge Mira Pérez. Coincidindo coa feira de Baio, instalarase unha carpa baixo o nome “Ti Tes a Chave” á que se poden achegar todas aquelas familias que desexen sumarse á campaña. Alí farase a entraga da chave para abrir o colector xunto cun kit de benvida que consta dun cubo de 10 litros, bolsas compostables e un folleto informativo para facer un uso correcto do colector.

As sesións informativas estenderanse ao centros de ensino ubicados no Concello de Zas.

Que residuos son para o colector marrón?

Os residuos que deben de ir no colector marrón son: restos de froita, verdura, carne e peixe; cunchas de mariscos ou froitos secos, restos de pan, café, infusións, papel de cociña, restos de prantas, cortezas,....

Pola contra, nunca deberán depositarse no colector marrón os envases, cueiros, compresas, bastonciños dos oídos, plásticos ou calquera outro tipo de residuo non orgánico.

Concello-Zas-colector marron

Comentarios