Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Concello de Zas reparte máis de 28.000 euros en axudas para estudantes

O Concello de Zas reparte máis de 28.000 euros en axudas para estudantes

Un total de 138 estudantes de Zas recibirán, como cada ano dende hai 10, as súas axudas económicas para o curso 2021-2022 outorgadas polo Concello. Cada un deles recibirá un importe que oscila entre os 120€ e os 360€, en función dos estudos que realicen e que se dividen da seguinte maneira:
• Ensinanza Primaria: 36 bolsas de 120€ cada unha
• ESO, FP Básica e ciclos formativos medios: 31 bolsas de 150€ cada unha
• Bacharelato e ciclos formativos superiores: 34 bolsas de 180€ cada unha
• Estudos universitarios: 37 bolsas de 360€ cada unha

O obxectivo destas Bolsas de Estudo para o curso 2021-2022 é contribuír á integración socio- laboral das familias con menores recursos.

Nesta ligazón pode consultarse a relación definitiva de beneficiarios/as e excluídos/as.

Comentarios